Sacamos a nos mellor botella para brindar e amosar o noso homenaxe a ese monumento vigués par excellence:
Ahí está… esa valla birolla e colliña…
…esquecida perennemente, despreciada por quen a puxo alí, menospreciada polo tempo e as adversidades metereolóxicas e monumento paradigmático e inequívoco da chapuciña nacional… galega… que hai outras, non se esqueza vostede.
…con esas cintiñas de obra inacabada que semellan as de condoenza nunha corona funeraria…
This is a WPSimpleViewerGallery
This is a WPSimpleViewerGallery
Pois si, o parcheado ou patchwork non é esa noble actividade textil e facendosa, non… é isto… a chapuciña que fixeron os lumbreiras de turno na (des)humanización da Rúa Estrada, aínda pendente de recibir a bendición do noso benquerido e sen embargo mellorquenonveñas Edil Maximus Equites.
O caso é que a capa chapapótica relucente , lisa e sen patchwork xa estaba botada dende fai moitas semanas.. pero… ao parecer alguén errou na mezcla, no tempo ou en todo; e din que din que había que levantalo todo todiño e botar uns parches para dar máis vistosidade á faena de aliño.
E, ñores ñoras, é aquí o resultado! Nada resultón senon máis ben chapuciña máxima…
É de supoñer que os do chapapote non pasarán a conta dúas veces… porque iso ten un nome e non é moi agradable, a verdade.
Situación
Pois visto o visto -pasen e vexan, vigueses e viguesas e humanos en xeral-, porque non hai quinto que se non!!!!!
Rúa Salvaterra, peatonal… (bo, non, mellor de cabras
), con centro de xubilados ao fondo, con rica pastelería e tendas varias (as que fican, visto o panorama desolador)… ano 2010 da era dixital… realmente hai que ter moita paciencia con estes e cos outros! Está ben claro que o noso dilecto procuralíos Edil Maximus Equites non vive alí… non.
Pero… non sobrarán uns euriños dos plans siberianos deletreados eses!
Situación
Agora xa sabemos a quen iba dirixido todo o plan A, B, C, D e E…
Unhas beirarrúas xigantonas e pantagruélicas para ledicia d… o lixoooooooooooo!




