Jump to Main Content

Os Logotipos Zatianos en .png's transparentes

Os PNG's (Portable Network Graphics)

 
Limes

O PNG (Portable Network Graphics), coa extensión .png é un formato gráfico cunha compresión sen perda (lossless) e que permite a transparencia.

Isto supón que podemos reescalar para abaixo a imaxen sen perda nin pixelización ou serraxe de aliasing. Tamén podemos facer transparente o fondo da imaxe co cal o seu uso sobre outras texturas será impecable e limpo en canto a blending se refire.

Outro formato rasterizado con capacidade de transparencia é o .gif. A súa calidade e profundidade de cor deixa moito que desexar. Non se pode reescalar para abaixo sen perda. Iso si, permite as animacións, cualidade que non é posible cos .png.

Coma non é un vector gráfico non pode ser reescalado para arriba xa que sofriría pixelización e perda.

Cando reescalemos para abaixo, é importante utilizar algún algoritmo bicúbico. Este algoritmo xa non é cousa rara en moitas aplicacións freeware de imaxe como The Gimp e outras. Por suposto, Photoshop bórdao.

E tamén é importante suliñar que o formato .png non está suxeito a licenza algunha xa que foi cedido polo PNG Development Group ao World Wide Web Consortium, o consorcio de de desenrolo das linguaxes e estándares da WWW, W3C.

 

 

O que vai dun traballo bo pero con medo aos primeros planos... a un traballo excelente sen medo ningún...

Colocar un logo de boa calidade, sen sexarre (antialisasing) e puramente transparentes e unha das sinais de identidade dun bo modelo. Non se debe esquecer que nun modelo dixital virtual a logotipia e os letterings son uns dos elementos que chaman de súpeto a atención do usuario del. Unha vez feita a malla, temos que vestila convincentemente; e parte importante desa vestimenta son os complementos de logotipia e lettering que dan carácter e identidade a un modelo dixital.

E non debemos conformarmos con calquera cousa. Normalmente os logos que se atopan en Internet, o ben son de baixa calidade, sen antialising, ou non transparentes, ou ben están nun formato que non serven para os nosos propósitos.

Por iso, o obxectivo principal desta oferta de logotipia ferroviaria zatiana é proporcionar logos transparentes, de grande ou media resolución-tamaño, e listos para seren utilizados sobre calquera outra textura que os precisen. Soamente haberá que reescalalos para reducir a súa pixelaxe ao tamaño que se precise nunha textura determinada.

Se utilizamos calquera cousa que atopemos, os resultados poden ser tan pouco satisfactorios coma este:

 

Pero se utilizamos os logotipos que aquí se ofrecen, os resultados poderán ser coma estes: